Librán

Historia   

 

 

 

 

Feligresía de Sta Mariña de Librán.     

Librán pertenceu a antiga xurisdición territorial de Valeyra, sobre a que exercían señorío os Condes de Amarante 

Localización Xeográfica:  Coordenadas: Latitud:43° 2'57.69"N  Longuitd: 7°15'47.05"O


View Larger Map

Patrimonio

Preto da  aldea de Saíme atópase a Igrexa parroquial de Santa Mariña de Librán. “ existe unha "lenda" que conta que esta igrexa foi trasladada de lugar xunto co seu cemiterio debido ás constantes inundacións producidas polo río "Cotillón" e a fonte coñecida como "de Riveiro" que tiña ao seu arredor. (de feito a "casa  Retoral” atopase neste lugar) – a súa situación actual según esta lenda, foi discutida entre dúas casas da parroquia que no seu día tiñan títulos de Fidalguía. -Casa Grande da Pereira e a casa de Caseiro de Aldegunde.- polo que a raíz disto foí reedificada na metade do camiño entre as devanditas casas.

   O edificio, de orixe románica, na actualidade  conserva poucos elementos deste estilo debido ás diversas remodelacions que experimentou ó longo dos séculos. Ó parecer, a súa configuración na planta responde á do edificio románico. Ten nave rectangular con presbiterio cadrado e ábside semicircular. No lateral dereito tiña a carón unha dependencia que non estába comunicada coa nave, de planta rectangular, que se utilizaba coma almacén,e para facer as autopsias,cando acontecia algún  feito violento. Os muros son de cachotería e sillería de granito e lousa, e a cuberta de lousa a dúas augas a nave central e catro augas o ábside. Ó presbiterio accédese por un arco triunfal de medio punto, con outros tres grandes arcos a cada lado a modo de fornelos, sobre os que asenta unha cúpula de media laranxa. A portada principal é alintelada, e adousada ó frontis. Sobre esta hai un porche cun arco apuntado, do que arranca a torre, con catro vanos de arco de medio punto donde se aloxan as campás.

Na aldea de Soumede atopase  a capela de San Mamede. Un pequeno edificio de construción popular que consta dunha planta rectangular conformada por muros de cachotería e sillería de granito e pedra, e cuberta de lousa a dúas augas..

No lugar de Pereira tamén existiu a "capela da Casa de Pereira" da que actualmente só queda o local.

Pobos que compoñian a Feligresía: Aldegunde , Barcias , A Carraceira , Catatrigo , Cerreda, O Chao , O Foxo , A Golpilleira , Penas , A Pereira , A Ponte , Saíme , Soumede , O Ventorro  e Vilares . Cerreda.

Sitios de interes.

Castro de Pereira de Librán

Pena dos Mouros -vilares

Festas:

Honor a Sta Mariña    .-18 xullo (Celebrase todos os anos -Misa ,Procesión , sesión vermout  e  Berbena)

Honor a San Antonio .-13 xuño (En Penitencia xa que o 99,9% de cantas veces se celebrou empapabase e……….. non era viño).

Visita virtual:

 


Ver Librán-Barcias en un mapa más grande