….
Pensamentos………… en Baleira
LEELO DESPACIÑO EHHHHHH…….
Un xornalista fíxolle unha entrevista ao Dalai Lama, ao entrar no
cuarto preguntoulle:
Que é o que máis o sorprende da humanidade?
Ao que el respondeu: Que se aburren de ser nenos e queren medrar
rápido, para despois desexar ser nenos outra vez.
Que desperdician a saúde para facer diñeiro e logo perden o diñeiro
para recuperar a saúde.
Que ansían o futuro e esquecen o presente e así non viven nin o
presente nin o futuro. Que viven coma se nunca fosen a morrer e morren
coma se nunca tivesen vivido…….
Quedei en silencio un anaco e díxenlle: Pero, cales son as leccións
da vida que debemos aprender? E cun sorriso respondeu: …
Que non poden facer que ninguén os ame, senón deixarse amar, que o máis
valioso na vida non é o que temos, senón a quen temos, que unha
persoa rica non é quen ten máis, senón quen necesita menos e que o
diñeiro pode comprar todo menos a felicidade…
QUE O FISICO ATRAE PERO , A PERSONALIDADE NAMORA.
Que quen NON VALORA o que ten, algún día se lamentará por habelo
perdido, e que quen fai mal algún día recibirá o seu merecido.
Se queres ser feliz, fai feliz alguén.
Se queres recibir, dá un pouco de ti, rodéate de boas persoas e se
unha delas.
Recorda, ás veces a quen menos esperas é quen che fará vivir boas
experiencias!
Nunca arruínes o teu presente por un pasado que non ten futuro.
Unha persoa forte sabe como manter en orde a súa vida.
Aínda con bágoas nos ollos, arránxallas para dicir cun
sorriso: "Estou ben".
************************
UNHAS REFLEXIÓNS AÍNDA QUE CURTAS, TEÑEN MOITA SABIDURIA
********************
A corrupción non pode existir soa, necesita que haxa pobreza, ignorancia, inseguridade e unha deficiente educación.
*********************
Non berres, non ofendas,
non xulgues, non humilles,
non indispoñas, se nobre.
Se grande, se integro,
se sincero, se humilde…
Se líder!
Os berros son sinal de debilidade,
A humillación é sinal de pobreza,
A calumnia é sinal de indiferenza,
de baixes e envexa.
A agresividade é falta de nobreza,
E sinal de inseguridade.
O verdadeiro liderado obtense cando…
és íntegro, humilde, sincero, equitativo, leal e ético.
******************
NON TEÑAS MEDO
Non teñas medo de estar só, de mirarte interiormente e de encontrarte no teu silencio.
Ten medo, de ser un solitario, illado dos teus irmáns, desconfiado, sen amigos e sen comunicación.
Nunca temas dicir a verdade, ou expresar con claridade o que sentes e afirmar aquilo que viches ou oíches.
Teme máis ben, enganarte a ti mesmo, auto convencerte da mentira ou colocar máscaras no teu rostro.
Sei o teu mesmo onde esteas, aceptando os outros como son. Vive con intensidade e dinamismo.
Rompe as túas murallas e érguete; e a vida será para ti un canto, e cada día será unha festa.
Autor Descoñecido
*******************
OS LOBOS
Un vello indio estaba a falar co seu neto.
Dicíalle:
– "Séntome coma se tivese dous lobos pelexando no meu corazón.
Un dos dous é un lobo anoxado, violento e vingador.
O outro está cheo de amor e compaixón".
O neto preguntou:
"Avó, dime, Cál dos dous lobos gañará a pelexa no teu corazón? "
O avó contestou:
– "Aquel que eu alimente"
****************
Só hai 2 cousas infinitas, o Universo e a Estupidez Humana, non estou moi seguro da primeira, da segunda podes observar como nos destruímos só por demostrar quen pode mais
Albert Einstein
********************
Só despois de que a última árbore sexa cortada.
Só despois de que o último río sexa envelenado.
Só despois de que o último peixe sexa apresado.
Só entón saberás que o diñeiro non se pode comer.
Profecía india
********************
UN SAÚDO.