Baleira (á que algúns din Valeira, ou terras de vales ). Existen cantidade de documentos onde o topónimo é Valeira con "V", con "V" e "Y" desta maneira: Valeyra que con toda seguridade veña de Val-neira en consonancia coas terras dos vales ou terra de vales.
Como se aprecia nos escritos dos reis Asturiáns, toda esta zona denominábase territorio Nera / neyra (en referencia ao rio Neira,(que nace no lugar de Fontaneira) sen lugar a dúbidas isto xa era así na época romana)…….Val-neyra ?.
Do mesmo xeito, alguns deixan caer que pode significar -"terra de valentes" , en consonancia cos feitos acontecidos nestas terras en primeiro lugar pola famosa batalla acontecida polo ano 813, contra os mouros no campo da Matanza e en segundo lugar pola expulsion dos franceses do concello no ano 1809, sendo estes asediados e perseguidos polos pobos dende a Pradeda a Serra dá Vacariza ”
Os primeiros vestixios arqueolóxicos datan da cultura castrexa : Son o Castro de Degolada , Castro de Esperela , Castro de Pereira de Librán, Castro de Albaredo , Castro de Vilar dos Adrios ou Quintá, Castro de Cubilledo e Castro de Antiguallas, entre outros .
Arredor do ano 813 , reinando Afonso II o Casto , librouse unha batalla cos mouros nas proximidades de Esperela, no lugar do Campo da Matanza. Segundo a lenda, onde chegou o sangue costa abaixo, edificouse unha igrexa. Neste último lugar descubríronse a principios de século varias sepulturas con restos humanos e anacos de armaduras e esporas. Recordando este feito existe na fachada do antigo concello, un escudo que representa a un soldado cristián atacando os mouros .
En 1809 arrasaron o municipio os exércitos napoleónicos que perseguían, mandados por Soult , o xeneral inglés Sir John Moore . Incendiaron A Fontaneira, pero os veciños de Baleira, dirixidos por Xosé María Páramo e Montenegro xunto cos veciños de Neira de Xusá e Castroverde , fixeronlles fronte o exército francés sen cuartel e foron perseguidos polos termos do municipio e seguindo unha liña paralela con algunhas poboacións como Puñago, Pradeda e o Cádavo, polo Monte "Serra da Vaqueriza", deixando trazada unha pequena corredoira no camiño que, tempo despois coñeceríase como camiño francés e que, coincide co de peregrinación a Santiago dende A Fonsagrada..
Durante a Idade Media e o antigo Réxime as parroquias repartíanse entre as xurisdicións de Baleira, Castroverde , Neira de Rei e Pena Maior , sen contar o couto de Córneas. En 1813 formouse o concello de Baleira.