baleir@son

Saúdo aos nosos visitantes e amigos:

     É para min unha grande honra e éncheme de satisfacción o feito de poder    presentarlles esta páxina Web, cuxo propósito é o de divulgar e promover as excelencias do concello de Baleira.
Quero aproveitar esta ventá universal que supón Internet, primeiro para invitar a todos os visitantes desta páxina a que coñezan o noso concello, se é que non tiveron oportunidade de facelo
Baleira une séculos de historia onde as máis importantes culturas a marcaron co paso do tempo conseguindo unha inigualable combinación de arte, historia e tradición
Poder describir en poucas palabras todo o que Baleira pode ofrecer aos que se achegan a este canto da Montaña, sería tarefa moi dificultosa. Sempre hai un sitio por descubrir e unha estampa ante a que asombrarse. Temos o privilexio de vivir nun lugar que une a pegada histórica do devir dos séculos coa modernidade dunha pobo que mira ao futuro co convencemento de que toda a dedicación e o esforzo serán suficientes para asumir os retos que se presentan. Parte primordial para a consecución dese obxectivo é a garantía da absoluta implicación dos habitantes e visitantes. Entre todos construiremos unha Baleira mellor, máis moderna pero sempre sobre a base das nosas raíces, onde o desenvolvemento e o crecemento sente os piares do concello que todos queremos.
Dende aquí asumimos con ilusión, orgullo e responsabilidade a tarefa de levar e dar a coñecer Baleira cara a un futuro de benestar, prosperidade e desenvolvemento sempre da man dos veciños e visitantes para os que adquirimos o compromiso do traballo constante para conseguir que o concello que tanto amamos sexa cada día mellor.

¿Quen dixo que Baleira non ten contido?

Esto é a aposta, que co voso permiso quero propoñer a tod@s  aqueles que queiran participar e ser participes-.

Imos encher Baleira de Ilusións,
de Esperanza,
de Proxectos.
e por riba de todo….
traballo.
–“o traballo que imos ter que facer entre tod@s”-

 

Este espazo está pensado para destacar e dar a coñecer Baleira, e que sexa o lugar onde todos poidan comentar, suxerir, aconsellar sobre o que acontece neste Concello.