Camiño Primitivo

                                                                        

-. Descubre o apaixoante "Camiño Primitivo" no seu discurrir polo Concello de Baleira, cheo de maxia e recónditos paraxes que nunca poderás esquecer .-

     Ruta Xacobea Primitiva

Coñécese como Ruta Xacobea Primitiva ou Ruta interior do Camiño de Santiago do Norte, ao traxecto comprendido entre Oviedo e Palas de rei. Nesta última localidade enlaza co Camiño Francés.

Non é casual o feito de que a ruta sexa coñecida co apelativo de "primitivo", pois foi
precisamente o rei Alfonso II, posiblemente o primeiro peregrino coñecido, quen ao coñecer a noticia do achado do corpo do santo, tomou esta ruta cara a Compostela para ser testemuña do suceso.

Mentres que a capital do Reino estivo en Oviedo, a cidade asturiana foi un dos puntos neurálxicos das peregrinacións a Santiago. Unha vez que esta foi trasladada a León, a ruta dos franceses foi adquirindo relevancia, converténdose na principal vía de peregrinación á Cidade Santa en detrimento da anterior.

Reza unha tradicional canción francesa que quen a Santiago de Compostela vai en peregrinación e non visita a Catedral de Oviedo, dedicada ao Salvador, "visita o Servo e esquece o Señor". É por isto que moitos deles optan, unha vez chegados a León, por dirixir os seus pasos cara á capital asturiana a través do coñecido como Camiño de Santiago Real, encamiñándose con posterioridade cara á cidade do Apóstolo por esta ruta.

Da importancia deste Camiño dan fe os numerosos hospitais da cidade de Lugo, e os seis, algúns moi vinculados ao Camiño, do municipio de Burón, hoxe A Fonsagrada.

 

 

                                                                                     

                   Ler máis…

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.