Fontaneira

Non se pode expresar de mellor xeito, nin tan alto nin tan claro: Fonte do Neira. altitude ( 940 m de altitude) claro (auga) nacemento do rio Neira
O río Neira é unha corrente de auga de gran riqueza piscícola e ecolóxica. Nace na serra de Portelo e despois de 56 quilómetros de lonxitude, desemboca no Miño.
Sen lugar a dúbidas podemos dicir que dende Baleira regamos Galicia (Eo, Neira) e temos que dicilo con humildade, pero tambien co orgullo de ser portadores de: "fonte de vida"

Reseña da Historia..


   

        ¡¡Arde a Fontaneira!!…….

  En 1809 as tropas de Napoleon  que mandaba o Xeneral  Soult  perseguindo   o   xeneral  Inglés Sir John Moore arrasaban  e incendian todo canto atopan o seu paso . Os veciños da xurisdición de Baleira, dirixidos polo noso paisano Xosé María Páramo e Montenegro e con axuda das xentes de Neira de Xusá e Castroverde, acosáronos  e perseguiron para non deixar impunes os atropelos que as tropas cometían ao seu paso, unha das máis graves o incendio da Fontaneira.

 

    Pouco despois, O 8 Xuño 1809 o exército galego, axudado por tropas británicas e irlandesas, liberaba Galicia da ocupación francesa na Batalla de ponte San Paio. O irlandés Wellesley, Duque de Wellington, facía homenaxe posterior aos seus soldados galegos coa súa famosa arenga: "Guerreiros do mundo civilizado, aprendede a selo dos individuos do exército que teño a sorte de comandar… Españois, dedicarvos todos a imitar os inimitables galegos".


 

 

 

 

 

 

 

 

Hoxe en día,

Parroquia de Fontaneira:
Delimitada polo Norte Cubilledo; ao Sur Piedrafita e Camporredondo; ao Leste Freixo e Lastra e ao Oeste por Esperela e Librán.
Nestas paraxes, nada mellor que achegarnos á Pena do Castro en Vilar dous Adrios para observar detidamente os restos amurallados da primitiva construción castrexa. Se nos interesa a arquitectura relixiosa temos a opción de visitar os bos exemplares que a definen. É o caso da Igrexa de Fontaneira -e- as Capelas de Vilar dous Adrios -e- Pasada.
Lugares de A Fontaneira:
.- O estornin
.- Pandelo
.- A Pasada
.- O Sesto
.-O trabeiro
.- Xestoso
.- Vilar dos Adrios
( Núcleo de poboación formado por varias casas de construción tradicional, realizadas con muros de cachotaría e cadeirado de granito e lousa, e cubertas do mesmo material. Nesta aldea consérvanse varios celeiros e cabazos con cuberta de palla e paredes a base de trenzados de ramas. Esta aldea sitúase a escasos 150 m dun castro.)

Personaxes:

.- O cego da Fontaneira (Florencio López Fernández)

ÁREA RECREATIVA DA FONTANEIRA

 Esta área dedicada ao esparexemento -e- ao ocio, está situada ao sur da aldea de Fontaneira, na estrada que une a C-630 con Vilar dous Adrios.