Fonteo

Reserva da Biosfera                                                                 

O seu nome deriva do nacemento do río Eo. Fonte do Eo

Reseñas-Historia

                                         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Limita o Norte con Braña; ao Sur con Librán; ao Leste con Cubilledo e ao Oeste con Pena (Castroverde).

Festa de Santa Mariña de Fonteo (15 de agosto).

Nucleos de poboación:

O Barreiro – Castiñeiras – A Ferraría – Fonteo – O Pibidal – Río de Castro – Valdeirexe – A Veiguiña

Fonteo

Área recreativa de Fonteo.

En Fonteo, a partir de múltiples ollos sobre a pedra calcaria, sae a auga que se converterá no Eo que rega as terras dunha ampla extensión da Reserva da Biosfera río Eo, Oscos e Terras de Burón, cuarta reserva concedida en Galicia.

Rio EO

HISTORIA DE GALIZA  Ramón Otero Pedrayo:

… Fonteo, Brana, Retizós — eo rego Martino leva xa o senso de Eu cuio nome e balume remanece do seu xuntárese cas augas baixadas do Hespidal de Montouto por riba de Para- davella no hourizonte en que asegura suas fragas o monte dos…

                                            ***********************************

Río que discorre pola zona máis occidental da rexión facendo de fronteira entre Asturias e Galicia. Nace en Baleira (Lugo), na sierra de O Mirador, a unha altitude de 850 m, e esténdese ao longo de 91,50 km para desembocar no mar Cantábrico

 

Flora
O curso alto do Eo, ata os límites do municipio, así como os seus afluentes, presentan importantes manchas de bosque de interior nas que domina un estrato arbóreo formado basicamente por ameneiros (Alnus glutinosa), acompañado de salgueiros (Salix atrocinerea), ou acivro (Ilex aquifolium)arraclanes (Frangula alnus), freixos (Fraxinus excelsior), abeleiras (Corylus abelá) e olmos montanos (Ulmus glabra), entre outros. Así mesmo o fento sucesorio macaronésico (Woodwardia radicans) tamén habita nestes bosques de interior.

Fauna

O río Eo alberga importantes comunidades de especies faunísticas ameazadas o que lle valeu a súa inclusión na Rede Natura 2000, ben como LIC (Lugar de Interese Comunitario), a través da Directiva Hábitats, ben como ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves), a través da Directiva Aves.

En canto á fauna íctica, aparecen o salmón (Salmo salgar ) a lamprea mariña (Petromyzon marinus), a zamborca (Sábalo sábalo), o reo (Salmo trutta trutta), a anguía (Anguilla anguilla) e a voga (Chondrostoma polylepis).

Entre os invertebrados destacan a especie de bolboreta (Callimorpha quadripunctaria), o cabaliño do demo (Coenagrion mercuriale), e a madreperla de río ou mexillón de río Margaritifera margaritifera. Tamén se recolleron citas do ameazado cangrexo de río autóctono (Austropotamobius pallipes). Mamíferos de interese comunitario que aparecen no Eo son a londra (Lutra lutra) e o desmando ibérico (Galemys pyrenaicus).

Uns metros máis abaixo deste nacemento do rio EO, encóntrase a empresa de maior factuación do concello  ovapiscis  a principal actividade  e:

Desenrolo e cría de lotes de reproductoras, reproducción, producción de hueva para caviar

Piscifactoria de Fonteo ovapiscis