Rio EO

 

Río da vertente Cantábrica que discorre polas Comunidades autónomas de Galicia e Asturias. Desemboca formando a ría de Ribadeo, que constitúe a fronteira natural entre as comunidades do Principado de Asturias e a Comunidade Autónoma de Galicia.

 O rio Eo inicia a súa conca na  Padreda a 800 metros de altitude,  arriba do Cádavo no Concello de Baleira (Lugo) e descenden dende a serra de Vacariza e do Miradoiro.

 Dende eiqui , unha serie de pequenos regatos (Cadorna, Liñeira, Cotillón, Abrairas e Regueira) vanse xuntando   e incrementando o seu caudal.

Mais adiante nos fermosos paraxes de San Paio  recolle pola súa dereita o rego de Bonxe. Un pouco mais  abaixo en Cabreira, amecese o regato das Veigas, e no lugar de Forneas  o  Medán e o Piñera. Dende a serra do Miradoiro recolle as augas do río Martín.

Así pois unha serie de regatos que descenden das serras do rededor pouco a pouco, sen presa pero sin pausa van dando xeito a súa cabeceira

A súa conca de 819 Km2 de extensión estírase do Sur  ao Norte   flanqueada polas serras do Pozo, Meira  e Cadeira polo Oeste  e polas serras de Foncuberta, Cerrado e terras da Fonsagrada que forma o interfluvio Eo-Navia ou a serra de Bobia xa en Asturias.

É o eixe central da Bisbarra da Ribeira Eo que se estende polos concellos de Baleira, Ribeira de Piquin, A pontenova, Riotorto, Traba e Ribadeo en Galicia e Comarca de Oscos,  Taramundi , San Tirso de Abres  e Vegadeo  en Asturias.

O nome de Eo provén do vocábulo Ego, que en tempos romanos alternou con Egoba, e así o testemúña  Plinio ao falar dos Egobarri (os habitantes da beira da ría). De Ego veñen  tamén as formas medievais  Iuve ,  Euve ,  e  Ove , nome que leva unha parroquia de Ribadeo, préto  da Ría.

A morfoloxía da súa conca vai cambiando dende a cabeceira ata a desembocadura. Ata  Piquin o val ofrece unha morfoloxía apertada con pequenos vales e moitos  salintes rochosos.

De  Piquin para vaixo  o val ábrese a unha altitude media de 250 m. A partir de aquí ata A Pontenova  ábrese dando lugar a un val  ancho e profundo. Na ribeira de  Piquín  recibe ao seu maior  afluente, o Rodil. Máis abaixo, incorporanse, o Pousadoiro, Survial, Areales, Achousa, Louridal…

Os meses de maior caudal son Xaneiro, Febreiro e Marzo , mentres que os de menor son de Xullo a Outubro .

Nacemento do Eo

 

 

  En Resumen:

– Nacemento: Pradeda, Baleira, Lugo, Galicia.(inda que oficialmente  nace en Font-Eo, temos que ter en conta o que recolle dende a Pradeda)

 – Desembocadura: Mar Cantábrico, dando lugar  a ría de Ribadeo, facendo de fronteira  entre  Galicia (Ribadeo) e  Asturias (Castropol).

 – Lonxitude aprox: 91,5 km.

 – Afluentes principais

    Polo oeste: ríos Rodil e Turía, río Liñeiras e río Ouria

    Polo leste: río  Ríotorto e río  Trabada

– Rio Salmoneiro e troiteiro.