A nosa Xente

Aqueles que por uns motivos ou outros sempre serán recordados.

Arximiro Rico Trabada……. 

  Mestre (naceu en San Bernabé (Baleira-Lugo) o 14 de setembro de 1905, mutilado e asasinado o 1 de setembro de 1937, e que creou a seguinte poesía, dedicada á festa de República o 14 de abril de 1936):

"Houbo un tempo en que forte e esplendorosa,

Galicia foi polas nacións mirada,

e baixo a súa bandeira victoriosa,

tiña moita grandeza cobixada."

 

Florencio " O Cego dos Vilares"

  Florencio López Fernández, nacido no lugar de Pin, parroquia de Bruicedo, concello de A Fonsagrada (Lugo) en 1914, morreu en 1986

Era moi  coñecido en A Fonsagrada, Baleira e Ribeira de Piquín porque era a zona que máis frecuentaba. Principalmente, vivia nos Vilares e a Fontaneira, o seu  repertorio estaba composto entre outros:

Tres casoiros nunha noite

 O testamento do gato

Carmiña

cameliña do meu agrado

Palmeira,

etc.

"O Alledo" famoso Gaiteiro nestes Lares

Jose Pin, natural de Sampaio de Cubilledo, sendo neno desplazouse cóa súa familia o lugar coñecido como "O Alledo"

 (de ahí o seu pseudónimo) sito entre A Braña e Rétizos. -apenas hai documentación da súa vida e obra.-