Río da vertente Cantábrica que discorre polas Comunidades autónomas de Galicia e Asturias. Desemboca formando a ría de Ribadeo, que constitúe a fronteira natural entre as comunidades do Principado de Asturias e a Comunidade Autónoma de Galicia.
O rio Eo inicia a súa conca na Padreda a 800 metros de altitude, arriba do Cádavo no Concello de Baleira (Lugo) e descenden dende a serra de Vacariza e do Miradoiro.
Dende eiqui , unha serie de pequenos regatos (Cadorna, Liñeira, Cotillón, Abrairas e Regueira) vanse xuntando e incrementando o seu caudal.
Mais adiante nos fermosos paraxes de San Paio recolle pola súa dereita o rego de Bonxe. Un pouco mais abaixo en Cabreira, amecese o regato das Veigas, e no lugar de Forneas o Medán e o Piñera. Dende a serra do Miradoiro recolle as augas do río Martín.
Así pois unha serie de regatos que descenden das serras do rededor pouco a pouco, sen presa pero sin pausa van dando xeito a súa cabeceira
A súa conca de 819 Km2 de extensión estírase do Sur ao Norte flanqueada polas serras do Pozo, Meira e Cadeira polo Oeste e polas serras de Foncuberta, Cerrado e terras da Fonsagrada que forma o interfluvio Eo-Navia ou a serra de Bobia xa en Asturias.
É o eixe central da Bisbarra da Ribeira Eo que se estende polos concellos de Baleira, Ribeira de Piquin, A pontenova, Riotorto, Traba e Ribadeo en Galicia e Comarca de Oscos, Taramundi , San Tirso de Abres e Vegadeo en Asturias.
O nome de Eo provén do vocábulo Ego, que en tempos romanos alternou con Egoba, e así o testemúña Plinio ao falar dos Egobarri (os habitantes da beira da ría). De Ego veñen tamén as formas medievais Iuve , Euve , e Ove , nome que leva unha parroquia de Ribadeo, préto da Ría.
A morfoloxía da súa conca vai cambiando dende a cabeceira ata a desembocadura. Ata Piquin o val ofrece unha morfoloxía apertada con pequenos vales e moitos salintes rochosos.
De Piquin para vaixo o val ábrese a unha altitude media de 250 m. A partir de aquí ata A Pontenova ábrese dando lugar a un val ancho e profundo. Na ribeira de Piquín recibe ao seu maior afluente, o Rodil. Máis abaixo, incorporanse, o Pousadoiro, Survial, Areales, Achousa, Louridal…
Os meses de maior caudal son Xaneiro, Febreiro e Marzo , mentres que os de menor son de Xullo a Outubro .
En Resumen:
– Nacemento: Pradeda, Baleira, Lugo, Galicia.(inda que oficialmente nace en Font-Eo, temos que ter en conta o que recolle dende a Pradeda)
– Desembocadura: Mar Cantábrico, dando lugar a ría de Ribadeo, facendo de fronteira entre Galicia (Ribadeo) e Asturias (Castropol).
– Lonxitude aprox: 91,5 km.
– Afluentes principais
Polo oeste: ríos Rodil e Turía, río Liñeiras e río Ouria
Polo leste: río Ríotorto e río Trabada
– Rio Salmoneiro e troiteiro.