Dirección Concello: C/ Rosalía de Castro 22
C.P: 27130 Cadavo
Evolución demográfica de Baleira (actualizado)
ANO |
2000 |
2005 |
2008 |
2010 |
2011 |
poboación |
1.923 |
1.729 |
1.641 |
1.513 |
1.510 |
Extensión
do Municipio: 169 km²
Festas: 11,12,13 de agosto
Distancia da Capital de
Provincia: 30 km.
A súa poboación en 2010 era de 1.533 persoas segundo o
padrón municipal de habitantes.
Dato | Valor |
---|---|
Poboación total | 1.533 |
Homes | 800 |
Mulleres | 733 |
% homes | 52,18 |
% mulleres | 47,81 |
ranking provincial | 55 / 67 |
ranking nacional | 2.602 / 8.110 |
Fonte: Instituto Nacional de Estadística
Padron Municipal 2010
Baleira ten unha poboación de 1.584 habitantes segundo datos do padrón de 2010 (INE 2010).
Dos 1.533 habitantes de Baleira, 733 son mulleres e 800 son homes. Polo tanto, o
52,18 por cento da poboación son homes e o 47,81 mulleres.
Se comparamos
os datos de Baleira cos da provincia de Lugo concluímos que ocupa o posto 55 dos 67 municipios que
hai na provincia e representa un 0,4460% da poboación total desta.
A nivel nacional, Baleira ocupa o posto 2.602 dos 8.110
municipios que hai en España e representa un 0,0034% da poboación total do
país.
O concello mantivo a súa poboación relativamente estable entre 1860 e 1950; pero na década de 1960 comezou a declinar a poboación, acentuándose este descenso nos últimos tempos. É unha das zonas da provincia que mais emigración tivo, presentando hoxe en día unha densidade de poboación moi baixa (9'5 hab/km²). A adversidade climática, unha estrutura da terra moi fragmentado, á falta de axudas e a aspiración a mellorar o nivel de vida adverso, foron as causas principais que motivaron o desprazamento rural.
Baleira posúe unha economía de carácter rural, baseada no sector primario, onde a principal actividade é a gandeira e a forestal. No que se refire a agricultura, pódese falar dunha economía de autoconsumo, con pouco espazo cultivado e na súa maior parte dedicada a horta, patacas ou millo para o gando. Nos vales do Eo e do Neira, as explotacións están dedicadas na sua maior parte a produción de carne. Isto fai que abunden os prados e pastizais. O sector gandeiro é a base económica do municipio, ocupando o 73,9% da poboación activa. Caracterizase por un claro predominio das explotacións de gando bovino. Sobre todo das razas rúbia galega, de aptitude cárnica,e aproximadamente o 5,8% son explotacións de produción láctea. No que se refire a estrutura destas son de pequeno tamaño, entre 8 e 10 cabezas, aínda que hoxe en día existen explotacións de maior tamaño. O gando porcino e ovino completan a explotación gandeira, que case sempre esta o servizo do autoconsumo. Dentro da explotación madereira hai que destacar o importante valor do sub-sector (é escaso, destacar a nula existencia de fábricas transformadoras da madeira,cando e un bo productor de madeira; hai documentadas a existencia dalgunhas minas de ferro, cinc e de ouro localizada en Mendreiras, parroquia de Martín). O sector secundario é practicamente nulo, sendo o seu principal expoñente a construción que apenas está representada. O sector terciario experimentou nos últimos 20 anos un importante desenvolvemento, que se reflicten no aumento de servizos administrativos, financeiros e comerciais, todos eles concentrados na capitalidade municipal. A posta en marcha da Fundación para o Desenvolvemento da Bisbarra, dentro do Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia, está a supoñer un apoio eficaz para a revalorización dos recursos naturais destas zonas de montaña.