Situación

           Baleira é un concello da provincia de Lugo na comunidade autónoma de Galicia. Pertence á bisbarra de Fonsagrada. A capital do municipio é O Cádavo, nome que a miúdo se dá por extensión a todo o municipio.

 "Cando se chega a Baleira é como abrir a porta a un novo mundo, pola súa tranquilidade e grazas á súa inconmensurable beleza. Falamos dun espazo que nos ofrece un ecosistema extraordinario."                                                                                                   

    Ou Cádavo, a capital municipal de Baleira, divide a súa xeografía en 12 parroquias e nada menos que 117 pequenos pobos que conforman o Val de Baleira, dentro da bisbarra da Fonsagrada.
A vida comercial e de servizos concéntrase no Cádavo, onde por certo se pode degustar o famoso "butelo", o prato mais típico desta zona. A emigración foi a constante principal do municipio entre finais do século XVIII e mediados do século XX, porque entón, o sector primario, no que se ocupaba a maior parte da poboación, non garantía un digno nivel de vida. Hoxe a agricultura é de autoconsumo pero a gandaría, -nas partes mais baixas do concello, nos vales dos ríos Eo e Neira-, mantén importantes explotacións, na súa maior parte dedicada á produción cárnica, con predominio da raza loura galega, a famosa tenreira galega de onde sae a "carne con carné".
O camiño vello (camino primitivo peregrinación a Santiago) que atravesa o municipio permítenos considerar paisaxes magníficas, onde o verde, a auga e as vellas casas de aldea con teito de lousa forman conxuntos moi pintorescos.
En Baleira consérvanse algunhas pallozas e sobre todo un tipo de hórreo característico e case exclusivo desta zona lucense, cadrados ou circulares con teitos de palla similares aos das pallozas.
Dende as áreas recreativas do Cádavo,Fonteo a cortevella ou Trabeiro é doado supoñer que aquí hai boa caza maior, sobre todo de xabaril e veados, pero o principal valor desta terra está nos seus espazos naturais.

Déixovos este enlace para que poidades ver este precioso vídeo realizado por T.V.E. (galicia para o mundo) sobre o noso municipio.

Baleira

Situación do Concello de Baleira