Concello de Baleira

   pola súa situación é o Concello con mellor accesibilidade da comarca dende a capital da provincia ( Lugo), da que dista tan só 20 minutos por estrada, é ademais un punto neurálxico cunha situación privilexiada, sendo o nó esencial nas comunicacións do interior da provincia, tanto cara á costa como cara ao interior  . Cun total de 1.800 habitantes, posúe  un baixo índice de densidade poboacional, sen dúbida por causa do perfil accidentado do terreo, como debido á súa constante emigración dende os anos 50 ata os nosos días. O maior atractivo deste municipio encóntrase nas paisaxes montañosas e as pequenas aldeas, nas que se conserva toda a riqueza do patrimonio etnográfico. A  capital municipal, Cádavo, é o segundo núcleo de importancia na bisbarra e conta cun bo número de servizos.

 

Útiles:

Guía Local de Baleira

Calendario Laboral de Baleira 2012.

 Resultado Eleccións Xerais 2011