Aqueles que por uns motivos ou outros sempre serán recordados.
Mestre (naceu en San Bernabé (Baleira-Lugo) o 14 de setembro de 1905, mutilado e asasinado o 1 de setembro de 1937, e que creou a seguinte poesía, dedicada á festa de República o 14 de abril de 1936):
"Houbo un tempo en que forte e esplendorosa,
Galicia foi polas nacións mirada,
e baixo a súa bandeira victoriosa,
tiña moita grandeza cobixada."
Florencio " O Cego dos Vilares"
Florencio López Fernández, nacido no lugar de Pin, parroquia de Bruicedo, concello de A Fonsagrada (Lugo) en 1914, morreu en 1986
Era moi coñecido en A Fonsagrada, Baleira e Ribeira de Piquín porque era a zona que máis frecuentaba. Principalmente, vivia nos Vilares e a Fontaneira, o seu repertorio estaba composto entre outros:
Tres casoiros nunha noite
etc.
"O Alledo" famoso Gaiteiro nestes Lares
Jose Pin, natural de Sampaio de Cubilledo, sendo neno desplazouse cóa súa familia o lugar coñecido como "O Alledo"
(de ahí o seu pseudónimo) sito entre A Braña e Rétizos. -apenas hai documentación da súa vida e obra.-