Castro de Pereira de Librán

Castro situado na Parroquia de Santa Mariña de Librán ao lado da veciñanza de Pereira, é un castro de grandes dimensións, composto polo propio castro e un ante-castro adxacente polo Norte, nos seus comenzos estaba composto por dous fosos circulares de protección ( hoxe en día apenas apréciase a súa existencia) salvo pola parte Leste, na que existe un profundo camiño que hai as veces de foso, todo isto como consecuencia da desastrosa realización dos traballos da concentración parcelaria, que non tiveron en conta o valor histórico do conxunto; Anteriormente segundo as "lendas populares", parece ser que toda a pedra que formaba o castro, os seus muros e ante-muros foron utilizados para a construción da "Casa Grande de Pereira"
Nestas "lendas populares", tamén se fai referencia a dous túneles que atravesaban a zona un con dirección a o lugar da Carraceira e outro cara o Sur-este parece ser, cara á fonte e rio coñecido como Fonte de ribeiro.

Podemos ver como era antes da concentración

Vista Castro de Pereira de Librán

 

Localización Xeográfica:      Latitud  43° 2'56.56"N  lonxitud   7°15'58.15"O


Ver mapa más grande